![]()
BOIRO> Os alumnos do módulo de albanelería do obradoiro de emprego traballan neste inmoble dende a semana pasada.
A edil responsable de Emprego, Dores Torrado, e o alcalde de Boiro, Xosé Deira, visitaban esta mañá o viveiro de empresas onde os alumnos do módulo de albanelería do obradoiro de emprego traballan dende a semana pasada.
As instalacións constan de dúas naves: unha que acollerá o centro de formación financiado con cargo ó fondo estatal de investimento local e a outra que ocupará o viveiro de empresas.
{flowplayer}barbanza/visitaobradoiroboiro.flv{/flowplayer}
Ós fondos do goberno central sumáronselle os da Deputación que en novembro do pasado ano facía efectivas tres liñas de subvencións destinadas ós materiais para acondicionamento do viveiro, a dotación de electricidade e fontanería e o equipamento para os ciclos de hostalería.
Precisamente no mes de febreiro, o concello iniciará o proceso de homolgación dos cursos que se centrarán na construción e na hostalería, fundamentalmente por dúas razóns. Unha vez comprobada a boa marcha das obras, que dende o concello agardan que estean rematadas a mediado deste ano, tocará encher de contidos esta nova infraestrutura para contibuír á creación de emprego de calidade.
Así, está previsto que ó longo do primeiro semestre, o concello manteña contactos co sector empresarial para informarlles sobre o funcionamento do viveiro de empresas.
Redacción Barbanza










