O GROVE> Comeza unha nova campaña da centola con moi boas expectativas. Cantidade do produto estivo por debaixo dos límites no primeiro día pero os prezos foron satisfactorios. Os primeiros exemplares vendéronse a 29 euros o quilo.
A consellería do mar abriu no día de hoxe unha nova campaña da captura da centola. Na lonxa do Grove como é tradicional, houbo unha gran expectación por ver a chegada destes crustáceos e o seu prezo de venda. Para algúns mariñeiros e a época máis importante do ano.
No primeiro día de capturas a cantidade do produto estivo por debaixo do agardado.
O que non ten ningunha dúbida é a calidade do marisco.
O prezo de venda superou as previsión. Os mariñeiros tiñan esperanzas de que a primeira puxa superase os 20 euros e se superaron con creces. O primeiro lote saíu por 29 euros. Aínda e pronto e queda moita campaña por diante pero os mariñeiros manteñen a ilusión.
A campaña da centola é unha das máis importante para a lonxa do Grove. A facturación nesta época na rula do Grove aumenta nun 50%.