A Xunta financiará as obras de mellora da EDAR de Noia

NOIA> A actuación suporá un investimento de 150 mil euros financiados pola consellería de Infraestruturas.

A conselleira de Mobilidade e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, veñen de asinar un convenio para a mellora da estación depuradora do municipio. A actuación, dirixida a optimizar o funcionamento da actual EDAR, suporá un investimento próximo aos 150.000 euros. Ademais da mellora dos bombeos nos equipos de depuración procederáse a realizar arranxos na cuberta e nos cadros eléctricos danados a causa das condicións climatolóxicas. A Xunta, a través de Augas de Galicia, asumirá integramente os custes de actuación. O Concello será o encargado de executar as obras e do posterior mantemento da estación depuradora.