![]()
RIBEIRA> O rexedor ribeirés suma esta alternativa á xa coñecida de ubicar este novo recinto na zona portuaria.
{flowplayer}barbanza/novalonxaribeira.flv{/flowplayer}
O alcalde, Xosé Luís Torres Colomer, informou de que o proxecto de construción do novo mercado municipal é unha das principais prioridades do goberno ribeirés. Aínda así e por cuestións alleas ó propio concello esta actuación, que nun principio ía realizarse na zona portuaria, está a sufrir demoras importantes.
Outras posibilidades
Torres confía en que o novo Goberno Autonómico inicie canto antes a redacción do proxecto da nova lonxa, e se decida a súa futura ubicación. De ralentizarse esta actuación, o executivo non descarta outra posibilidade, como é albergar a nova praza de abastos na urbanización O Rueiro, cuxa construción aínda está en marcha.
As dúas opcións teñen os seus pros e os seus contras, un aspecto positivo sería que no caso de que, finalmente, o mercado se instalase no Rueiro o local sería propiedade do concello, que adquiriría o baixo, mentres que se se constrúe no recinto portuario habería que pagar unha concesión, posiblemente a longo prazo.
Redacción Barbanza







