![]()
BOIRO> O PP vén de facer público un auto xudicial que paraliza cautelarmente a construción de aparcamentos nunha área do Plan Parcial de Barraña.
{flowplayer}barbanza/ppboiro.flv{/flowplayer}
A pesar de que o Partido Popular votou a favor das actuacións a incluír no Plan E, xa no seu momento advertira de que se podía perde-la subvención poñendo en dúbida a legalidade do sistema de ocupación directa previsto para a actuación a executar en Barraña. Agora, o auto emitido polo Contencioso Administrativo en resposta ó recurso presentado por unha das afectadas venlle dar a razón.
Perda da subvención
A suspensión cautelar, á espera de que se emita sentenza ou de que o concello presente recurso e se resolva, impedirá que a obra se execute no prazo dun ano, tal e como establecen as axudas estatais, polo que, din os populares, perderase a subvención de 1.250.000 euros previstos para esta actuación.
A única opción para que se levante a paralización cautelar é que o concello negocie a adquisición dos terreos e chegue a acordo cos propietarios. Neste sentido, os populares están de acordo coa necesidade de construír aparcamentos pero entenden que o concello debe obter os terreos por outra vía, sen pisotear os dereitos dos propietarios lexímitimos.
Alternativas
No caso de non ser posible executar esta obra, os populares propoñen alternativas para destinar estes fondos como a residencia da terceira idade, o paseo fluvial do río Breiro ou a acometida dunha fase da estación depuradora de augas residuais.
Informe xurídico
Do auto xudicial tamén se fixo eco o voceiro de ICBoiro, Manuel Velo, que xa no seu día presentara alegacións á ocupación directa dos terreos solicitando un informe xurídico coa fin de coñecer si dito procedemento se axustaba a legalidade.
Redacción Barbanza









