O domingo rematará unha temporada para esquencer

futbol250_150509.jpgSALNÉS> Esta fin de semana dispútase a derradeira xornada ligueira en Terceira División. Arousa e Portonovo, xa descendidos, tentarán despedirse da categoría cunha victoria para evitar canda menos ser últimos. Vilalonga e Céltiga quererán sumar un punto que lles evite sustos de última hora.

Chegou o peche a unha temporada triste na Terceira para o Salnés cos descensos confirmados de Portonovo e Arousa. Os de Marcos Canle poderán despedirse diante da súa afección e tentarán deixar un bo sabor de boca nos seus siareiros, para evitar ademais, rematar últimos na táboa. Miguel e Úbeda son baixa para recibir a un Gran Peña que tamén está descendido e desexando que pase canto antes o choque de Baltar para pensar na vindeira temporada.

Algo semellante sucédelle ós xogadores do Arousa, queren que remate a temporada pero non para pensar na seguinte, senón para iniciar os procesos xudiciais oportunos que lles permitan recibir os pagos das seis mensualidades que agora mesmo lle adebedan dende o club. Porán o peche ante o líder, o Compostela. Manu, Chiño, Juanito e Luis Alberto son baixa aínda que Pablo Vázquez recupera a Miguel, Padín e Santos. Dos trece enfrontamentos entre ambos tanto en Terceira como en 2ª B, os vilagarciáns tan só foron quen de vencer un deles, alá pola 67/68.

s que menos se xogan son o Céltiga e Vilalonga aínda que ningún dos dous quere fiarse. O quinto pola cola podería verse arrastrado a Preferente se descende dende Segunda o Celta e non ascende ningún dos de Terceira a 2ªB. Para evitar sustos de ultima hora buscarán canda menos sumar un punto.

Os da Illa ante un Coruxo ó que levan tres anos sen dobregar na casa, mentres que o Vilalonga desprázase a Vista Alegre para enfrontarse a o Ordes, que aínda non ten atada nin moito menos a permanencia.

Redacción Salnés