RIBADUMIA> As traballadoras da residencia de maiores Domusvi de Ribadumia maniféstanse fronte ao concello. As empregadas reclaman que se cumpra o convenio. Seguirán mobilizándose mentres a empresa non lles de unha solución.
A residencia de maiores Domusvi de Ribadumia conta na actualidade con 75 traballadores. Segundo as empregadas o equipo está indo a menos debido as condicións de traballo ás que teñen que facer fronte na actualidade. O motivo é a falta de acordos entre o persoal e a empresa.
As traballadoras quéixanse do aumento da carga de traballo, da falta de descansos e de que se vulnere constantemente o convenio.
As malas condicións laborais están provocando que moitos traballadores renuncien ós seus traballos.
Os 75 traballadores do centro está ó cargo de 150 residentes. Segundo as empregadas, na residencia de Vigo hai os mesmos residentes e 50 coidadores máis. Esta sobrecarga aféctalles a elas pero tamén ós residentes.
As traballadoras esperan que a empresa lles dea unha solución. De non ser así, continuarán coas manifestacións.