Unha vintena de alumnos estrea o comedor do colexio de Baión

    200509_comedor_baion100.jpgVILANOVA> O colexio de Baión ten dende hoxe servizo de comedor. O alcalde e o edil de Educación inauguraron as instalacións.

    {flowplayer}images/salnes/200509_comedor_baion.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O colexio de Baión ten dende hoxe servizo de comedor. O alcalde e o edil de Educación inauguraron as instalacións que están financiadas polo Concello, en colaboración coa Anpa.

    20 rapaces estrearon o comedor do colexio Sestelo. O obxectivo é dar un servizo máis ós alumnos e tamén ós pais, para que poidan conciliar a vida laboral e familiar. Con esta iniciativa o concello pretende atraer alumnos a este centro de cara ao curso que ven. O número de matrículas do colexio Sestelo diminuíu un 50% nos últimos 15 anos.

    A Anpa xestionará o comedor e controlará os menús. Unha empresa de catering é a encargada de alimentar ós rapaces. Do coidado dos nenos encárganse dúas persoas, unha contratada pola empresa de catering e outra polo concello. Pais e fillos están satisfeitos co servizo de comedor.

    O servizo de comedor custa catro euros ó día. Coa vantaxe de que si o neno non vai a comer, tampouco ten porque pagar a comida, esta xornada.

    Redacción Salnés