O Salnés recibira no 2010 máis de dezaseis millóns de euros do Estado

    tabuyo_100.jpgVILAGARCIA> O Deputado socialista no Congreso Domingo Tabuyo presentou esta tarde en Vilagarcía os presupostos xerais do estado para o vindeiro ano…

    {flowplayer}images/salnes/021009_tabuyo_por_presupostos.flv{/flowplayer}

    … 2010; un documento económico que describiu como austero para afrontar a actual crise e restaurar a confianza da cidadanía.

    Na nosa comunidade, Tabuyo destacou a aposta decidida do goberno central a prol da alta velocidade e a articulación viaria. A este nivel autonómico, Galicia recibirá un montante global de 2.004 millóns de euros, o que supón un 5 % menos respecto ó documento anterior, fronte ó 10 % de media que baixa noutras comunidades españolas. Por cada galego o Estado destinará unha media de 141,5 euros fronte ós 100 que recibiría de media calquera outro español. Esto supón que Galicia recibe máis do que aporta; unha situación similar á que se da na provincia de Pontevedra e, máis polo miúdo na comarca da Arousa.

    Nesta comarca, os socialistas destacaron actuacións como o impulso ó porto de Vilagarcía cifrado en 9.2 millóns de euros, a rehabilitación do mercado deste Concello, cunha dotación de 10.000 euros, a circunvalación de Caldas con 5 millóns de euros ou a achega de 1.2 millóns de euros para dotar a Catoira de naves industriais. A maiores, o goberno de Rodríguez Zapatero contempla outras actuacións de mellora do medioambiente ou de infraestructuras como os cuarteis da garda civil, ademais destoutras.

    Este deputado socialista tivo duras palabras para ó Partido Popular ó que acusou non aportar propostas alternativas e de defender políticas antagónicas que dan ás costas ós cidadáns.

    Redacción Salnés