Empregados do Concello homenaxean o ex-alcalde Cores Tourís

    cea_100.jpgCAMBADOS> O novo Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra e ex-alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, recibiu onte…

    {flowplayer}images/salnes/220509_cea_homenaxe_touris.flv{/flowplayer}

    … unha homenaxe dos seus ex-compañeiros de consistorio. Funcionarios, persoal laboral e empregados do Concello organizaron onte unha cea homenaxe a xeito de despedida, logo dos seus once anos como alcalde.

    Entre os asistentes figuraban o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, o Director da Administración Local, Norberto Unzal, e o actual alcalde cambadés, Luís Aragunde. O acto consistiu nunha cea nun restaurante local na que se deron cita o grosso dos traballadores do concello, que por boca do seu traballador máis veterano, agradeceron o comportamento con eles do ex-rexedor durante o seu mandato.

    O propio Cores Tourís agradecía sinceramente este acto de homenaxe.

     Os ex-compañeiros do Concello de Cambados quixeron agasallar ó rexedor cun reloxo que o acompañe nas horas desta nova andaina profesional. Tamén a súa muller recibiu un ramo de flores dos presentes.

    A cea rematou, como calquera acto destas características que se precie, cun baile ó son dun grupo musical.

    Redacción Salnés