Toma posesión o novo xerente do CHOP, o doutor José Manuel González

    xerente_chop100.jpgPONTEVEDRA> A conselleira de Sanidade presentou ó novo responsable sanitario en Pontevedra, quen se encargará de coordinar o proxecto do hospital único.

    José Manuel González foi conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia entre 2004 e 2005, exerceu como subdirector xeral de Atención Especializada do Servizo Galego de Saúde desde abril de 1990 a febreiro de 1991, data na que foi nomeado director xerente do Hospital Meixoeiro de Vigo. Posteriormente, desempeñou o mesmo cargo á fronte do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo e tamén o de Director Provincial do Servizo Galego de Saúde de Pontevedra.

    A conselleira de Sanidade agradeceu á anterior xerente, a doutora María Codesido, a labor desempeñada na anterior etapa. De cara ó futuro, a responsable autonómica tratará de mellorar a coordinación nas áreas sanitarias da provincia, coa fin de axilizar o servizo médico.

    O HOSPITAL ÚNICO, NA SALA DE ESPERA

    Sobre o proxecto do Hospital Único para Pontevedra a conselleira asegura que se van estudar as necesidades e o financiamento dispoñible, antes de tomar unha decisión. O PP local aposta por construír un novo centro hospitalario, en lugar de ampliar Montecelo, como propuxo a anterior executiva da Xunta.

    Unha ampla representación do PP acudiu ó nomeamento. Entre eles a xerente so SERGAS, Rocío Mosquera, a vicepresidenta do Parlamento, Ana Pastor, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o portavoz do PP en Pontevedra, Telmo Martín. O alcalde da cidade, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, tamén acudiu ó acto en representación do goberno local.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/220509_nomeamento_xerente_chop.flv{/flowplayer}