CAMBADOS> Cambados presenta o deseño gañador do cartel das festas do albariño 2021. A imaxe moi representativa da situación actual, mestura o cadro A creación de Adán de Miguel Anxo cunha mascara e unha copa de albariño. A gañadora é a cambadesa Julia González.
As festas do albariño 2021 xa teñen o seu cartel. O desexo escolleuse tras un concurso no que participaron máis de 30 artistas. Un xurado composto polo técnico e o concelleiro de cultura da vila xunto con tres expertas na fotografía e deseño seleccionaron a imaxe gañadora.
O cartel presenta un debuxo moi representativo da situación actual, mesturando arte clásico con modernidade. Na imaxe poden verse as mans do cadro A creación de Adán de Miguel Anxo cunha máscara e unha copa de albariño.
O cartel estará dispoñible nas redes sociais, na fachada do concello e en todas as actividades e concertos que se fagan durante as festas.
Detrás da obra atópase unha cambadesa que xa coñece o que é crear o cartel das festas do albariño.
A artista gañadora, ademais de ver a súa imaxe no cartel, recibirá un premio de 500 euros.