Rafael Louzán: ‘Valle Inclán estaría orgulloso deste irmanamento’

    irmanamento100_250509.jpgRÍA DE AROUSA> O 23 de maio queda na historia de Vilanova e da Pobra como o día en que asinaron o pacto de irmáns.

    {flowplayer}images/salnes/IRMANAMENTO.flv{/flowplayer}

    RÍA DE AROUSA> O 23 de maio queda xa escrito na historia de Vilanova e da Pobra como o día en que ambos concellos asinaron un pacto de irmáns. Atrás quedan as vellas rifas polo lugar de nacemento de Valle Inclán. E precisamente, botando man do mito que dicía que o ilustre escritor viñera ó mundo nun barco no medio da ría de Arousa, Vilanova e A Pobra elixiron ese punto para iniciar unha nova andaina en común.

    Para este acto simbólico, xuntáronse no medio da ría tres barcos de pasaxeiros. Cos alcaldes de Vilanova e A Pobra estiveron a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Ambos destacaron a riqueza paisaxística e de recursos desta ría e animaron a outros concellos a seguir este exemplo.

    Neste acto simbólico tamén estiveron os rexedores de Cambados, Meaño, Ribeira e Rianxo e o ex-presidente da Xunta, Xerardo Fernández Albor, ademais de colectivos do mar, do mundo empresarial, cultural e social de ambas marxes da ría.

    Redacción Salnés