VILAGARCIA> A vicepresidenta segunda do goberno clausurou este mércores en Vilagarcía o Congreso Nacional de Relevo Xeracional organizado por UPTA. Yolanda Díaz reivindicou a necesidade deste foro na procura de solucións a un problema real. Entre as medidas que defenderon, a regularización das persoas migrantes que, entenden, permitirá garantir a continuidade de negocios e postos de traballo.
Segunda e derradeira xornada do II Congreso Nacional de Relevo Xeracional organizado por UPTA. Un foro que se encargaba de clausurar este mércores a vicepresidenta segunda do goberno de España e Ministra de Traballo.
Yolanda Díaz reivindicou a necesidade deste foro na procura de solucións a un problema real.
Polo que, di a vicepresidenta, hai que tomar medidas xa.
Nesa liña, unha das medidas que defendeu UPTA é a regularización de medio millón de migrantes na que traballa o goberno central. Man de obra clave, entenden, para facer real ese salto xeracional que garanta a continuidade de oficios e negocios.
Yolanda Díaz aproveitou para cargar contra o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, logo de dicir que Sánchez quere regularizar a inmigrantes ‘a granel’, incluso con antecedentes policiais ou denuncias por abusos.
E lembra Díaz, que incluso a Conferencia Episcopal está apoiando este medida, por ‘razóns de humanidade’ e ‘decencia’.











