As mulleres da Guerra Civil protagonizan ‘As Silenciadas’

    as_silenciadasCOPY.jpgVILAGARCÍA> Este documental dirixido por Pablo Ces e producido por Mr. Misto proxectarase na sede da produtora o sábado ás sete da tarde.

    {flowplayer}images/salnes/DOCUMENTAL_SILENCIADAS.flv{/flowplayer}

    Esta mañá a produtora Mr. Misto presentou, na sede de Vilagarcía, a súa primeira longametraxe dirixida por Pablo Ces. Este documental histórico, que recibe o nome de ‘As Silenciadas’, representa unha homenaxe para as mulleres represaliadas durante a Guerra Civil. Nel inclúense, ademais, testemuñas directas do acontecido.

    Este documental, homenaxe ás mulleres represaliadas na Guerra Civil, está baseado nas investigacións realizadas pola profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Aurora Marco ó longo de catro anos. ‘As silenciadas’ é o froito deste traballo realizado polo seu fillo e director da longametraxe, Pablo Ces.

     O traballo está composto por seis historias reais no que se recollen testemuñas directas e dos seus familiares.

    Este proxecto que no seu día naceu coma algo persoal, tal e coma definiu o seu creador, transformouse agora nun traballo profesional grazas á colaboración da produtora Mr. Misto. Esta parada en Vilagarcía enmárcase dentro da xira deseñada para dar a coñecela longametraxe.

    O documental proxectarase o vindeiro sábado na sede de Mr. Misto en Vilagarcía ás sete da tarde. Mentres tanto, poden atopar máis información sobre este traballo na páxina web www.silenciadas.com.

    Redacción Salnés