Boiro regresa ás súas orixes cunha nova edición do mercado castrexo

BOIRO> Esta mañá presentábase unha nova edición do mercado castrexo de Boiro. A actividade desenvolverase esta próxima fin de semana, de venres a domingo, na rúa peonil. Prevese a participación duns cincuenta postos de artesanía e alimentación.

A partir deste venres e durante toda a fin de semana, Boiro viaxará no tempo, concretamente a época castrexa, para reproducir un mercado da época. ó longo da rúa peonil. Participarán uns 50 postos de alimentación e artesanía, e haberá tamén diversas actividades paralelas con música e animación de rúa, ademais doutras actividades como un obradoiro de cestaría e outro de cerámica para os nenos e ata oficio de vodas castrexas, un evento para o que a xente que o desexe aínda se pode anotar.

Dende o Concello destacaron a importancia desta actividade, consolidada xa coma unha das citas festivas na oferta cultural da localidade que trata ademais de satisfacer os gustos de pequenos e maiores.

Comments are closed.