![]()
VILAGARCÍA> O grupo está á espera da resolución do ERE o 16 de novembro. O sindicato insiste na viabilidade da planta de Vilaxoán.
{flowplayer}images/salnes/ALFAGEME_CXT.flv{/flowplayer}
Intolerable e oportunista. Así calificaron dende a Confederación Xeral do Traballo a oferta que a empresa cántabra Consorcio Galego presentou no Xulgado do Mercantil. Segundo o sindicato, non é posible comezar o despece de Alfageme antes de que a empresa poida garantir a actividade industrial e acade un acordo cos acredores.
A pesares de que o sindicato asegura non ter novidades da situación das negociacións á espera da resolución do ERE o próximo 16 de novembro, continúa defendendo a viabilidade da planta de Alfageme en Vilaxoán.
A CXT anunciou hoxe a convocatoria dunha manifestación para o próximo día 15 deste mes, a partires das 8 da tarde. A central sindical fixo un chamamento á sociedade vilagarciá para que apoie o mantemento da fábrica, así como o tecido industrial da comarca.
Dende o sindicato tamén negaron a posibilidade de acordar unha nova prórroga do ERE a partires do próximo día 16 de novembro. Polo que agardan que Alfageme retome a actividade.
Redacción Salnés










