A UVigo estudará o perfil dos maiores de 65 anos de Sanxenxo para adaptar as políticas sociais ás súas necesidades

SANXENXO> Sanxenxo é o escenario escollido para un estudo pioneiro a nivel estatal. A Universidade de Vigo analizará o perfil físico e sociocognitivo dos veciños maiores de 65 anos. O estudo, financiado polo concello e a Xunta de Galicia, busca analizar o seu estado de saúde, a autonomía e o benestar social, co obxectivo de promover políticas e programas orientados ao envellecemento activo e saudable.

Os veciños de Sanxenxo maiores de 65 anos, a estudo. A Universidade de Vigo analizará o seu perfil físico e sociocognitivo.

A iniciativa é pioneira en Galicia, impulsada polo concello de Sanxenxo coa colaboración da Xunta de Galicia. O obxectivo é analizar o seu estado físico, cognitivo e social para orientar as políticas de envellecemento activo que se poñan en marcha.

O estudo contempla distintas fases de traballo, desde a análise demográfica e territorial das sete parroquias ata a elaboración dun protocolo de avaliación específico adaptado á poboación maior.

Posteriormente, realizarase unha recollida de datos en todo o municipio e desenvolverase unha aplicación web que permitirá a cada participante consultar os seus resultados e comparalos con persoas de características similares.

Dende o concello destacan que o 26% da poboación de Sanxenxo é maior de 65 anos, un total de 4.758 persoas que estarán incluídas neste estudo.