Máis de 250 persoas asistiron ao VIII Foro de Innovación Tecnolóxica de Automoción 2019 en Sanxenxo

SANXENXO> Sanxenxo acolleu o VIII de Innovación Tecnolóxica na F.P. de Automoción 2019. O certame organizado polo instituto de Vilalonga centrouse nesta edición na electromobilidade e nos híbridos de última xeración. A cita acudiron máis de 250 persoas.

O Departamento de Automoción do instituto de Vilalonga celebrou hoxe en Sanxenxo o VIII foro de Innovación Tecnolóxica na FP de Automoción 2019. A cita este ano estivo enfocado ao profesorado de automoción de F.P. e a familia de Transporte e Mantemento de vehículos. Neste certame participaron numerosas empresa do sector. Para o alcalde en funcións da vila, o evento é unha oportunidade tanto para fomentar a F.P. de automoción como para dar a coñecer Sanxenxo ás diferentes compañías.

Esta edición centrouse na electromobilidade e nos híbridos de última xeración.

O certame tivo lugar durante todo o día e nel realizáronse diferentes actividades. A mañá dividiuse en dous bloques: un teórico e outro de exposición de traballos de innovación dos FP. A tarde estivo dedicada á práctica.

Ademais destas actividades tamén se levaron a cabo diferentes exposicións de coches híbridos e de libros científicos. Un dos actos máis destacados foi a presentación do “Aquakart” un proxecto innovador do sanxexino José López.

O acto acudiron máis de 250 persoas.