![]()
RIBADUMIA> Ábrese á circulación a estrada que atravesa pola Ponte de Barrantes. As obras estarán finalizadas en marzo do 2011.
{flowplayer}images/salnes/OBRAS_PONTE_BARRANTES.flv{/flowplayer}
O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, xunto ó Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron o avance das obras que se están executando na Ponte de Barrantes. Unhas obras que veñen a permitir a comunicación entre os concellos de Ribadumia e Cambados. Hoxe abríase o paso á circulación.
Estas obras supuxeron unha inversión dun millón de euros. Unhas infraestructuras que a alcadesa de Ribadumia cualifica de moi necesarias e que supoñen un gran avance para a seguridade dos veciños.
Ademais, abríronse dúas sendas por debaixo da ponte para o acceso ós peóns. Aragunde asegura que o obxectivo final é revalorizar ambas marxes do río Umia.
Está previsto que as obras estean rematadas en marzo do ano 2011. Ademais o José Manuel Cores Tourís informou que agardan comezar o antes posible a construcción da depuradora que estará próxima a esta ponte, no concello de Ribadumia.
Redacción Salnés








