A concellería de Educación de Noi por en marcha o proxeto ‘Aula nas Ondas’

NOIA> Os escolares do colexios Jaime Balmes, María Assumpta, Felipe de Castro e do Instituto Campo de San Alberto, dende terceiro de primaria ata cuarto da ESO, así como tamén os usuarios da asociación Misela, serán os destinatarios deste programa educativo ‘Aula nas Ondas’ que pon en marcha a concellería de Educación, en colaboración con Radio Líder.

O obxectivo do mesmo non é outro que traballar o eido da comunicación cos rapaces, ó tempo que se dá a coñecer tamén un medio de comunicación como a radio.

Prolongarase ó longo de todo o curso e serán os propios alumnos os encargados de elixir e preparar tódalas entrevistas a persoas relevantes do municipio.

O programa emitirase tódolos mércores lectivos ás doce en Radio Líder Noia. A idea é darlla continuidade en vindeiras anos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí