Saxofonazo de saída no Vilablues de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Este medio día dou o “saxofonazo” de saída o Vilablues. Un excelente evento musical que hoxe ofrecerá a todos os que se acheguen, esta noite, ata a praza da II República en Vilagarcía, o recital de Raimundo Amador.
Organizador, a edil de Cultura, deputado provincial de cultura e o alcalde de Vilagarcía, subíronse as táboas para dar o “saxofonazo” que supón o comezo do Vilablues.
Unha excelente escusa para que o blues percorra as rúas da capital de Arousa durante esta fin de semana, no que será a terceira edición de este evento musical.
Esta noite chegará a quenda de Raimundo Amador, que actuará na Praza da II República as 23:45 h. O Vilablues contará mañá coa presenza de grandes e recoñecidas figuras do blues americano como Leon Beal, Peaches Staten e Sax Gordon. Pero tamén haberá espazo para os músicos galegos; Os Lákazans, que actuarán a partir das 21 horas. Sinalar que mañá, dentro dos actos complementarios, as 20.00 horas, celebrarase na Praza da Peixería, unha conferencia sobre “As mulleres no blues” na que intervirán o xornalista de Sarria experto en músicas americanas, Manolo Poy, co acompañamento de Sister Marion, pianista de blues barcelonesa.