O ‘solraio’ falecido en Vilanova, un tiburón insólito en Galicia e de moito interese para a ciencia

VILANOVA> Tódolos esforozos foron en balde para salva-lo tiburón varado na enseada de Vilanova. Malia os intentos por devolve-lo ao mar, finalmente acabou falececendo. Trátase dun exemplar de case tres metros e medio dunha femia de tiburón ‘solraio’, unha especie nunca antes vista en Galicia e da que hai pouca información. O animal foi sometido hoxe a  unha necropsia para tentar determina-los motivos da súa morte. É tamén unha oportunidade para coñecer máis sobre esta especie.

A aventura deste tiburón non tivo final feliz, pero abre a porta a coñecer moito máis desta especie, moi pouco estudada e insólita nas nosas costas. Trátase dun exemplar de ‘solraio’, que acabou escollendo Vilanova para morrer. E iso, a pesar dos intentos por rescatalo. Malia devolvelo ao mar, o animal volveu para a beira, onde finalmente faleceu.

O exemplar é unha femia de case tres metros e medio. Os motivos polos que chegou á ría de Arousa aínda non están claros: pode que se desorientase, pero quizais acabou aquí por culpa do quecemento das augas, a consecuencia do cambio climático.

Os profesionais do Cemma practicáronlle unha necropsia esta mañá, na procura de máis información sobre as causas da súa morte. Unha intervención que, ademais, ten moito interese dende o punto de vista científico. É unha especie moi pouco estudada e que aínda agocha moitos enigmas.

O Cemma fala deste episodio como unha gran oportunidade para investigación. De feito, colleron multitude de mostras que, agora, serán analizadas. Varios institutos e universidades amosaron xa o seu interese en conseguir algunha parte do animal.

Como o resto de tiburóns, a presenza do ‘solraio’ está moi repartida polos oceános. Os avistamentos máis próximos a nós rexistráronse preto das Illas Canarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí