![]()
RIBEIRA> O anuncio da paralización do plan sectorial de Vivenda deseñado polo anterior goberno da Xunta foi acollido con alivio por parte dos afectados.
{flowplayer}barbanza/paralizacionplansectorial.flv{/flowplayer}
O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, vén de facer pública a paralización do Plan Sectorial de Vivenda aprobado polo biparito. O novo goberno decidiu botar abaixo o proxecto e reformulalo integramente ante o gran rexeitamento social que suscitou, con máis de 15 mil alegacións presentadas. A intención da Consellería agora é deseñar un novo plan consensuado cos afectados e as administracións locais.
Esta nova foi acollida con gran satisfacción polos afectados de Ribeira, onde se preveía a reserva dunha bolsa de terreos en Coroso para a construción de catrocentas vivendas, que afectaría a máis de 150 propietarios.
Agora, tralo anuncio verbal da paralización do plan que o PPdeG xa compremetera durante a campaña electoral, os afectados agardan que se faga oficial así como que se califiquen os seus terreos como zona urbana no futuro PXOM ribeirés para blindalos ante futuras actuacións deste tipo.
Novas fórmulas
Ademais da reforma integral do Plan, o departamento autonómico deseñará outras medidas para habilitar vivenda pública como a ocupación de pisos baldeiros en colaboración cos promotores.
Redacción Barbanza









