Os taxistas reclaman á Xustiza man dura contra os agresores

    manifa_taxistas100.jpgVILAGARCÍA> Os taxistas concentráronse en protesta pola agresión sufrida polo seu compañeiro Luís Paz.

    {flowplayer}images/salnes/manifa_taxistas.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Os taxistas de Vilagarcía concentráronse este mediodía na Praza de Galicia en protesta pola agresión sufrida onte polo seu compañeiro Luís Paz. Reclaman máis man dura por parte da Xustiza e máis respecto e civismo por parte dos seus clientes.

    Os feitos ocorreron ás 8 da mañá na rúa Conde Vallellano, nas inmediacións da praza de Galicia. O taxista estaba na parada, cando lle chegaron dous clientes. Un deles, unha muller, tiña mal aspecto e o taxista negouse a levala. O seu acompañante iniciou unha discusión e acabou cravándolle unha navalla. Os taxistas din que isto lle puido pasar a calquera.

    O taxista Luís Paz inda permanece en observación no Hospital do Salnés, á espera de que o dean de alta. Tivo que levar bastantes puntos na ferida do abdome, logo dos navallazos que recibiu onte.

    Redacción Salnés