Nenos de Vilagarcía aprenden a coidar a súa contorna con plantas

    Os nenos do colexio da Escardia de Vilagarcía tiveron hoxe unha misión moi especial: plantar ducias de plantas nun parque da vila. A actividade, promovida polo Concello, busca concienciar ós máis pequenos da necesidade de coidar e respecta-la contorna na que viven. Os alumnos de terceiro de primaria do CEIP da Escardia de Vilagarcia mudaron hoxe a súa aula polo parque de Miguel Hernández. Son pouco máis das DEZ da mañá, pero nin a hora, nin o frío os detén: Plantáronse na rúa para arranxa-los xardíns municipais. Acompañados dun grupo de alumnos do Centro de Educación Especial da vila e seguindo os consellos do persoal de xardíns do Concello, os rapaces encargáronse de plantar ducias de plantas ornamentais. Os mestres contan que, con actividades como esta, os rapaces toman conciencia da necesidade de respectar o medio ambiente e, sobre todo, coida-la contorna na que viven A inciativa “Plántate na rúa”, impulsada polo Concello, segue agora adiante, con novos grupos doutros centros escolares da localidade.