O accidente dun camión deixa un morto e retencións de tráfico

    camion_cisterna_100_010609.jpgVILAGARCÍA> Trátase do segundo sinistro mortal que se produce na cidade en pouco menos de tres días.

    {flowplayer}images/salnes/010609_accidentes_mortais_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    Eran preto das seis e media da madrugada cando este camión cisterna envorcaba na rúa Valentín Viqueira de Carril. Circulaba en dirección Vilagarcía Santiago cando, por causas que aínda se descoñecen, o condutor perdeu o control do vehículo, colisionando primeiro cos postes que discorren parellos ó paseo para logo caer sobre a vía. O home morreu a causa do impacto. Tiña os e era veciño de Touro, na Coruña. No momento do sinistro a cisterna ía cargada ó máximo de capacidade: máis de 28 mil quilos de fuel. Tralo sinistro parte do combustible verteuse na estrada. Os bombeiro do Salnés encargáronse de colocar uns diques de contención para controlar o vertido e de traspasar o fuel a outro depósito.

    Como consecuencia do accidente, a Garda Civil cortou á circulación a Rúa Valentín Viqueira. O tráfico de entrada a Vilagarcía desviouse polo tramo da variante norte que entraba en servizo esta fin de semana, onde se produciron importantes retencións durante toda a mañá: No caso dos vehículos lixeiros tamén se orientou o tráfico de saída da cidade pola rúa Extramuros. Este é o segundo accidente mortal que se produce en Vilagarcía en apenas tres días. O primeiro tivo lugar na mañá do sábado en pleno casco urbano en el estiveron implicados un autobús, un ciclomotor e tres turismos. Nel faleceu o motociclista, un home de 76 anos veciño de Cambados. Ó parecer, o condutor do autobús sufriu unha perda de consciencia ó volante e isto desencadeou o accidente. No vehículo viaxaba o equipo alevín do Barcelona, que regresaba de participar no campionato internacional Arousa Fútbol 7.

    Redacción Salnés