A patronal lamenta a escasa información das obras da Carreiriña

empresariosqueixasobras_100_23092009.jpgNOIA> Piden ao goberno local  que explique se detrás da paralización dos traballos se debe a un cambio no proxecto inicial desta actuación.

A pasada semana o BNG de Noia advertía de cambios significativos no proxecto orixinal das obras de remodelación das rúas Porta da Vila e Escultor Ferreiro e do secretismo con que o goberno local está a levar este asunto ao non informar aos grupos da oposición.

{flowplayer}barbanza/empresariosqueixasobras.flv{/flowplayer}

Tamén a Asociación de Actividades Empresariais da localidade se queixan porque o concello non está a contar con eles. Así, non comunican con antelación os cortes de agua e a información que reciben do avance dos traballo é máis ben escasa.

Con todo, dende a patronal noiesa son conscientes que as obras son un mal necesario pero tamén queren que prexudiquen o menos posible aos establecementos comerciais situados na zona.

Por eso non entenden porque dende o goberno local se mostran tan remisos a dar explicacións sobre a paralización, hai uns días, dos traballos na rúa Escultor Ferreiro. Dende a entidade empresarial apelan a responsabilidades do grupos de goberno e da oposición para non retrasar ainda máis a execución destas obras que espera estén rematadas antes do comezo da campaña de Nadal.

Redacción Barbanza