Camiña: ‘Primeiro ataremos o económico, logo o deportivo’.

camia250_030609.jpgSANXENXO> Jaime Camiña asumíu os mandos do club este luns coa intención de facer un proxecto ilusionante. Atar un presuposto acorde á realidade económica actual, será o primeiro obxectivo.

{flowplayer}images/salnes/vilalonga_030609.flv{/flowplayer}

Savia nova a que chega ó Vilalonga. Un grupo de cinco persoas, todas elas moi xóvenes,  tomaron as rendas esta semana coa intención de manter esa imaxe de club serio que o Vilalonga sempre tivo. O arquitecto, Jaime Camiña estará á cabeza. Manuel Buezas como director deportivo e David Estévez como coordinador da base, serán dúas pezas fundamentais dunha directiva que pretende renovarse e chegar ata os vinte membros.

Difícil será atar o presuposto. A situación de crise afecta sobremaneira nunha comarca sobrecargada de clubs de futbol na Terceira e na Preferente. Non queren por iso xogar co risco de poder endebedar ó Vilalonga.

Pra iso pide o apoio da masa social. Pretenden que o pobo se involucre máis co equipo para sacar adiante un proxecto no que a permanencia é o obxectivo.

Da parte deportiva non hai nada avazado. Onte reuníronse con Gabi Leis, aínda que foi simplemente un primeiro contacto no que non trataron a posible renovación do técnico. Moitos colocaron xa esta semana a Pablo Vázquez como o seu substituto no banquiño de San Pedro; dende a casa celeste aseguran que é pura invención. A vindeira semana comezarán as conversas cos xogadores para negociar renovacións e saídas.

Redacción Salnés