O arquivo histórico de Ribeira, a un só click

RIBEIRA> Co gallo da conmemoración da Semana Internacional dos Arquivos, o concello de Ribeira deu a coñecer parte dos fondos que alberga o seu arquivo histórico. Poden consultarse a través da páxina web do concello que conta cun enlace ó Arquivo Dixital de Galicia habilitado pola Xunta.

Os ribeirenses teñen a un só click máis de oitenta mil páxinas de documentación histórica pertencentes ó arquivo municipal.  Constitúen tan só unha pequena parte dos tesouros que agocha o arquivo histórico con documentos datados dende o século XVIII.

Os contidos que xa foron dixitalizados están dispoñibles no apartado do arquivo da web do concello. A intención do executivo é seguir avanzando na informatización de tódolos fondos.

Ademais da dixitalización dos fondos, o concello ten realizado importantes melloras no arquivo administrativo central situado na casa do concello e no arquivo histórico, no edificio da policía local, dotándoo de mobiliario axeitado para o almacenamento dos documentos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí