Os residentes de AMICOS con coronavirus permanecen estables e sen síntomas

BOIRO> Os traballadores e residentes de AMICOS contaxiados de coronavirus evolucionan favorablemente. Os usuarios permanecen no centro de Comoxo, en Boiro, baixo control médico mentres que os coidadores gardan repouso nos seus domicilios.

Os dezanove usuarios e os once traballadores da residencia de AMICOS con coronavirus evolucionan favorablemente. Nas últimas horas, os residentes foron sometidos a unha revisión médica constatando que presentan bo estado de saúde. Tamén os traballadores continúan en reposo nos seus domicilios.

A pesar das boas novas que chegan dende a entidade, lembran que seguen a necesitar máis equipos de protección. Tralos chamamentos realizados a pasada semana foron moitas as empresas que xa doaron material polo que na actualidade contan con reservas para aproximadamente vinte días.

Aínda así seguen a ter dificultades para atopar mascarillas de seguridade, necesarias para a atención directa dos usuarios contaxiados. Mentres tanto, a entidade continúa a aplicar rigorosamente os protocolos de prevención para minimizar o risco de novos contaxios.  A Unidade Militar de Emerxencias procedeu á revisión das instalacións e das medidas adoptadas verificando a súa idoneidade polo que non foi preciso a súa intervención no centro residencia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí