As Rías Baixas celebran hoxe o Día Mundial do Medioambiente

    medioambiente_100.jpgVILAGARCIA> A Cámara de Comercio de Vilagarcía uniuse hoxe á conmemoración do Dío do Medioambiente presentando unha…

    {flowplayer}images/salnes/050609_dia_medioambiente.flv{/flowplayer}

    … guía medioambiental para o sector da hostalería; un documento no que se fai un análise pormenorizado da situación actual e , a partir de aí, apúntanse pautas de actuación para mellorar este tipo de negocios no senso medioambiental e do aforro enerxético. A maiores desta presentación, o Presidente desta entidade, Carlos Oubiña Portas, fixo un repaso ás principais actuacións que está levando a cabo a Cámara Vilagarciana; moitas delas vinculadas á formación; con seminarios para formación continua de traballadores e de axuda ós emprendedores na creación das súas novas empresas.

    No eido tecnolóxico, a Cámara de Vilagarcía traballa en varias frontes de optimización do coñecemento e implantación das novas tecnoloxías, como é o proxecto innocámaras, que promove á adaptación dunha cultura da innovación nas pequenas e medianas empresas co gallo de promocionar o seu potencial de desenrolo e innovación; ou o proxecto de adaptación da empresa á economía dixital.

    A maiores, desde esta semana, esta entidade pertence á rede REPITI de Centros de Desenrolo Técnico Industrial, dende o que asesorarán ás empresas sobre innovación. Os escolares de Caldas de Reis tamén celebraron esta efeméride con diversos actos; como a entrega de diplomas ós membros dos equipos dos distintos colexios participantes na décima edición da Liga da Reciclaxe. Logo a Banda Municipal de Música de Caldas animou a estes pequenos e pequenas que remataron a xornada con xogos e cunha degustación de bebida e froita.

    Redacción Salnés