Pablo Vázquez é o elexido para dirixir ó Céltiga

pablo250_050609.jpgILLA> O ex-técnico do Arousa asinou por unha temporada logo de recibir o visto bo á súa fichaxe por parte da directiva.

Se hai pouco lles confirmábamos a marcha definitiva do Céltiga de Josiño Abalde, apenas unhas horas despois o vigués xa ten sustituto no banquiño do Salvador Otero.

Especulábase con varios nomes: Pedro Ferreira, Milo Abilleira, ou Javier Oreiro pero ó final o elexido pola directiva para tomar as rendas do equipo a temporada que ven foi Pablo Vázquez.

O pontevedrés asinou onte a noite o contrato que o unirá co club da Illa a vindeira temporada, aínda que ambas partes non o quixeron facer público ata esta tarde.

A xuventude de Vázquez puido ante a maior veteranía dos outros candidatos, polo que terá a oportunidade de amosar a súa valía. Como saben dirixíu ó Arousa no tramo final da pasada campaña.

Redacción Salnés