![]()
VILAGARCÍA> No partido decisivo de onte ante o Eivissa (67-60) a clave foi o primeiro cuarto das vilagarciáns, cando puideron coller unha renta superior ós dez puntos que á postre foi decisiva.
{flowplayer}images/salnes/baloncesto_100510.flv{/flowplayer}
Sen experimentos, sen facer cousas raras. O Extrugasa venceu como o estivo facendo durante todo o ano. Con traballo, esforzo, defensa, contraataque e co colectivo por enriba do individual. Todas tiraron cara a mesma dirección e notouse. A cada balón dividido e a cada rexeite sempre chegaba antes unha xogadora do Extrugasa que do Eivissa.
A tónica dominante da temporada regular foron os inicios arrolladores das de Tito Díaz. Onte repetírono e foi clave. O 17-2 de parcial nos primeiros sete minutos foi decisivo. Intensidade atrás, mobilidade e acerto en ataque e a axuda inestimable dun rival que semellaba non saber onde se atopaba.
Así que Gustavo Lalima fixo uns axustes o encontro establizouse, pero quizáis era demasiado tarde. Concederan xa moito a un Extrugasa que anotaba de dentro e fóra.
Na segunda metade o Eivissa deu síntomas de reacción e o Extrugasa de cansancio. As baleares chegaron a poñerse a oito de diferencia a falta de sete minutos (54-46), lideradas por Silvia Lara e Tenay Beachem. Pero ahí apareceu unha secundaria de luxo. Veselka Todorova anotou sete puntos consecutivos para mandar ó seu equipo por enriba dos dez de diferencia.
O partido foi morrendo pouco a pouco ata o 67-60 final. Logo chegou o delirio na cancha e nos graderíos.
Redacción Salnés








