Rianxo será escenario da I Bandeira Barbanza-Arousa da Eusko Label Liga

BARBANZA> A Mancomunidade Barbanza Arousa vén de asinar un convenio coa Liga ACT. O acordo permitirá acoller durante os próximos catro anos unha das regatas da Liga Eusko Label.

A Mancomunidade Barbanza Arousa e a Liga ACT asinan un acordo que permitirá ós catro concellos que integran a entidade poder acoller durante os vindeiros catro anos unha das regatas da Liga Eusko Label, a competición de remo máis importante a nivel nacional. A I Bandeira Barbanza Arousa terá lugar o sábado 7 de agosto e celebrarase en Rianxo. En anos vindeiros a competición irá rotando por cada un dos concellos que integran a Mancomunidade. Dende Barbanza Arousa, en declaracións á propia canle da ACT, destacaron a importancia deste acordo, xa que con el conséguese dar un chanzo, a nivel de difusión desta comarca, de primeira magnitude.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí