LOUSAME> A quinta edición da Carreira Popular Pilar Barreiro Senra de Lousame terá lugar o próximo 3 de novembro. A proba, organizada polo Concello, incluirá novamente dúas distancias de 5 e 10km. Dende a organización agardan superar os cincocentos participantes.
Lousame volve a organizar a súa Carreira Popular. a proba, que chega este ano á súa quinta edición, celebrarase o domingo 3 de novembro. a organización da proba recae novamente no Concello que agarda superar a cifra de participantes da edición anterior sumando tódalas categorías, dende pequenos a maiores.
A proba volverá a incluir dúas distancias para a categoría absoluta. Unha de cinco e outra de dez quilómetros.
Na presentación da carreira tamén tomou parte a atleta local Pilar Barreiro Senra, madriña da proba, que animou a todo o mundo a participar.
As inscricións xa poden realizarse a través da páxina web www.emesports.es, sendo a data límite para inscrición o xoves 31 de outubro.