Amegrove reforza o seu liderato en Portonovo e Esteiro

SALNÉS> Esta fin de semana disputáronse dúas regatas da Liga Galega de Traíñas, o sábado en Portonovo e o domingo en Esteiro. Amegrove demostrou de novo a súa superioridade e sumou dous triunfos, ambos por diante de Chapela. Vilaxoán sigue a ser revelación da temporada.

Non hai quen lle discuta as victorias a Amegrove que sigue a dominar con firmeza este arranque da Liga Galega de Traíñas. O sábado en Portonovo, nunha bonita Bandeira Cofradía de Pescadores de San Roque, os de Porto Meloxo sacáronlle 10 segundos ó seu inmediato perseguidor, Chapela, que onte perdeu 16.

A gran sorpresa continúa a ser o excelente rendemento de Vilaxoán, que rematou a fin de semana instalado no terceiro posto da táboa, logo de ser cuarto en Portonovo e onte terceiro en Muros, moi por diante de Cabo e Meira, que son cuarto e quinto respectivamente.

Boa recuperación de Mecos nesta dúas regatas nas que foi quen de ascender ó séptimo lugar da táboa, grazas ó sexto posto acadado en Portonovo.

Por abaixo a igualdade continúa a ser enorme. O primeiro que comeza a quedar descolgado é Mugardos, que tras quedar último nas tres primeiras regatas distancia do resto dos seus rivais. Con Esteirana penúltima, Puebla perdeu a vantaxe que acadou a semana pasada en Redondela e cedeu posicións ante Rianxo e Ares, aínda que as tres están empatadas a puntos.

A fin de semana que ven a liga volve a facer parada na provincia da Coruña con dúas regatas: o sábado en Rianxo e o domingo en Oleiros.

Redacción Salnés