Máis de 30 parellas participarán III Trofeo de Baile Deportivo en Meis

baile_deportivo_meis250.jpgMEIS> Máis de trinta parellas participarán o domingo día 30 na terceira edición do Trofeo Concello de Meis de baile deportivo. A competición arrancará á unha da tarde e desenvolverase no pavillón municipal de deportes ata as oito e media da tarde.

{flowplayer}images/salnes/baile_deportivo.flv{/flowplayer} 

Os participantes, con idades comprendidas entre os 3 e os 60 anos, virá de diferentes comunidades españolas e tamén de Portugal.

O torneo puntuará para o ránking nacional. A escola Pasos de Vigo encárgase da organización do trofeo, coa colaboración do Concello de Meis e da asociación local Troula. Desta terceira edición destacan que terá un nivel moi alto.

Entre os participantes figuran a parella Fernando e Noelia, tres veces campións de España na categoría de menores de 18 anos. Tamén estarán Adrián Esperón e Patricia Martínez, catro veces campións nacionais e vixentes campións de España nas modalidades Standar e 10 bailes.

A organización destaca que este ano as competicións en Galicia están a gañar importancia, xa que en breve quedará constituída a Federación Galega de Baile Deportivo.

Redacción Salnés