Máis de trinta establecementos súmanse á Noite Aberta de Ribeira

RIBEIRA> A asociación de empresarios de Ribeira celebra este sábado a decimo segunda edición da Noite Aberta. Os comercios participantes ofrecerán descontos de ata o cincuenta por cento e permanecerán abertos ata as dez da noite. Haberá música e animación a cargo do concello.

Unha trintena de establecementos do centro comercial aberto Viamare sumaranse este sábado á decimo segunda edición da Noite Aberta de Ribeira.

O concello organizará diversas actividades de animación para esta xornada. Haberá música nas rúas con tres DJs, un pasarrúas dos Bolechas e procederase ó acendido do alumeado navideño. Este ano, incorporará importantes novidades como as sete filas de microluces LED que decorarán o treito peonil de Rosalía de Castro.

Con respecto á ambientación navideña, instalarase unha árbore de doce metros na praza do concello e outras nove de catro metros e medio en cada unha das parroquias. Haberá tamén música ambientla na rúa durante tódalas festas.