Os Reis Magos chegarán á Pobra en descapotables

A POBRA> Todo listo na Pobra para recibir ás súas Maxestades de Oriente este venres. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán o municipio en vehículos descubertos durante a mañá. Xa pola tarde, terá lugar a tradicional cabalgata polo casco urbano.

Como en anos anteriores, os Reis Magos iniciarán o seu percorrido pola Pobra xa de mañá. partirán ás dez e media a bordo de vehículos descubertos para visitar ós cativos de tódalas parroquias con parada tamén no centro de día e a residencia da terceira idade.

Xa pola tarde, a cabalgata tradicional sairá ás cinco e media dende o polideportivo de Venecia para percorrer o paseo dos Areos ata a casa do concello onde as súas maxestades reais recibirán ós cativos.

En caso de chuvia, a recepción trasladarase ó pavillón de Venecia. Dende o concello quixeron agradecer a implicación dos numerosos voluntarios que colaboran na organización da cabalgata e entidades como  Amas de Casa ou a grupación Arrancadeira  así como os efectivos de seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí