POBRA> O concello da Pobra está a piques de finalizar dúas actuacións moi demandadas pola veciñanza. Trátase das melloras na urbanización Lamas e Andrés a remodelación do barrio do Lagar. Os operarios municipais procedían á instalación do peche perimetral da pista deportiva da urbanización Lamas y Andrés, a última das actuacións previstas no marco da mellora da contorna desta zona residencial que O concello investiu preto de cincuenta mil euros para satisfacer as demandas veciñais. Tamén con cargo ós fondos municipais estase a executar a remodelación do barrio do Lagar coa instalación de servizos, pavimentación e creación de novas prazas de aparcamento. Está previsto que esta obra estea rematada nos próximos días posto que xa se está a proceder ó pintado da calzada.
Inicio Barbanza - Muros - Noia