David Cal e Paz-Echávarri, mellores deportistas do ano

galadeporte250_010508.jpgPONTEVEDRA > A Deputación de Pontevedra fixo onte a entrega de premios ós mellores clubes e deportistas do ano, na Gala Provincial do Deporte. Unha cerimonia onde os grandes triunfadores foron David Cal, Antón Paz e a Asociación Deportiva Cortegada.

O padexeiro cangués David Cal foi distinguido onte coma mellor deportista masculino da Provincia de Pontevedra no ano 2007, un galardón que compartíu coa parella campiona do mundo en Clase Tornado, Antón Paz e Fernando Echávarri.

Nas mulleres o premio foi a recalar a mans da taekwondista Andrea Rica, que por motivos particulares non puido asistir á cerimonia.

O xurado encargado de outorga-los galardóns tivo en conta a labor dalgunhas empresas que prestaron o seu apoio ó deporte, por iso Pescamar e o Grupo Inmobiliario Karpin recibiron tamén a súa particular homenaxe.

Un xurado, presidido polo Deputado de Deportes José Enrique Sotelo, que tivo traballo dabondo para elexir ós gañadores xa que ata 39 deportistas foron nominados polas diferentes federacións provinciais e autonómicas, de ahí, se cadra, que o máximo galardón fora compartido entre Cal e Paz e Echávarri. 

Ademais houbo dúas mencións especiais que foron a parar ó judoka Marcial Romero, un premio á súa traxectoria deportiva, e a Fermín Álvarez Miguélez, éste a título póstumo pola grande labor que fixo durante a súa vida en pro do billar.

Entre os clubes foron distinguidos a Escudería Rías Baixas, o Cortegada, pola súa primeira participación en competición europea, e o Teucro, Academia Octavio, Leis Pontevedra e o Pontevedra Xuvenil polos seus respectivos ascensos de categoría.

Redacción Salnés