Lousame pon en valor ás traballadoras das antigas papeleiras cunha andaina pola igualdade

LOUSAME> No concello de Lousame conmemorarán o Día da Muller cunha andaina polo Río Vilacoba . Servirá para poñer en valor ás mulleres que traballaron nas antigas fábricas de papel do municipio.

A andaina pola Igualdade de Lousame desenvolverase o sábado 9 de marzo e poderá participar todo tipo de público posto que o percorrido, duns oito quilómetros, presenta baixa dificultade. O punto de encontro será ás nove e media da mañá no concello de onde sairá o autobús para desprazarse ata a Ponte Vella de Vilacoba, de onde partirá a andaina.

Estará guiada pola historiadora Maite Sobradelo, encargada de explicar o papel feminino na industria papeleira da zona da que se poderán visitar varios expoñentes patrimoniais durante  percorrido.

Os interesados poden inscribirse ata este xoves día 7 na web bandoticket.com.