![]()
VILAGARCÍA> A rexeneración da Compostela e A Concha iniciouse hoxe coa chegada dos primeiros camións con area do Miño.
{flowplayer}images/salnes/area_compostela.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> A rexeneración das praias de Compostela e A Concha iniciouse esta mañá coa chegada dos primeiros camións con area do Miño.
A alcaldesa de Vilagarcía e mailo edil de Medio Ambiente, supervisaron os traballos, que se prevén rematar a principios do mes que vén. Os traballos corresponden á primeira fase do proxecto de rexeneración das praias de Compostela e A Concha, nas que se depositará un total de 22.000 toneladas de area procedente da desembocadura do río Miño.
O depósito da area afectará só á zona seca das praias, a comprendida entre a zona de dunas e o paseo marítimo, polo que non terá repercusión algunha nas concesións marisqueiras. A rexeneración partirá da zona de xogos infantís para estenderse dende o espazo deportivo da Concha ata os areais máis próximos a Carril.
Como xa acontecera o ano pasado coa rexeneración das praias de Vilaxoán e Carril, a area chegará a Vilagarcía por estrada. Serán un total de mil transportes, que nesta ocasión entrarán en Vilagarcía por Carril, a través da Variante Norte. Nesta primeira fase do proxecto, ademais do aporte de áridos, está prevista a ampliación de dúas das pasarelas de madeira xa existentes e a instalación dunha nova. Os traballos terán continuidade en setembro.
Redacción Salnés









