As Rías Baixas consolídanse como destino de calidade

    fotobalancecopia.jpg PONTEVEDRA> Por quinto ano consecutivo Turismo Rías Baixas presentou en FITUR o seu stand propio e a valoración foi segundo Figueroa moi positiva.

    {flowplayer}images/salnes/BalanceFitur.flv{/flowplayer}

    O stand de 300 metros cadrados co que a Deputación de Pontevedra pretendía presentar a súa oferta turística recibiu máis de 40 mil visitas nos 5 días que durou a feira.

    Catorce concellos e sete asociacións e entidades provadas presentaron a súa oferta turística para este ano 2011 co obxectivo de poñer en valor as Rías Baixas como destino turístico de calidade e seguir ascendendo no ranquin nacional no que no ano 2010 se acadou o séptimo posto como destino máis visitado e valorado.

    A pesares de que dende a Deputación están contentos co traballo realizado as boas cifras acadadas non son máis que un reclamo para seguir desenvolvendo as campañas postas en marcha ata o de agora e avanzar no que se deu en chamar turismo accesible adicado ás persoas con problemas de mobilidade.

    Redacción Salnés