A vindeira campaña da vieira non se levará a cabo completa

    campana_vieira.jpgCAMBADOS> A Confraría de Cambados realiza mostraxes para comprobar a cantidade, calidade e as medidas precisas da vieira.

    {flowplayer}images/salnes/campana_vieira.flv{/flowplayer}

    Dende a Confraría, barallan a posibilidade de que dure menos dos 2 meses correspondentes.

    A vieira en Cambados é algo mais ca un produto. É un emblema, nunha vila onde se lle dedican esculturas e Festas.

    Entre campaña e campaña de extracción hai menos dun ano e, de levarse a cabo a que debería comezar sobre o trece de decembro, perigaría a viabilidade da seguinte. As mostraxes realizadas ata o de agora poñen de manifesto as escasas medidas da vieira da Ría de Arousa. Dez centímetros, fronte aos once e medio- doce que deberían medir. A vindeira campaña duraría dous meses, que tal vez non se leven a fin, para preservar a cantidade e calidade do produto.

    Así, a campaña duraría tan só uns días, para garantir a súa venda en fresco, durante o Nadal.

     Agora mesmo a Confraría atópase inmersa nun innovador proxecto para comercializar a vieira previamente depurada, eviscerada e envasada dun xeito distinto ao de agora. A empresa que se encarga deste proceso, envasa as vieiras de unha en unha e, co proxecto da Confraría abriríase o círculo de compradores para envasar varios bivalvos nun mesmo envase.

    Respecto ás zamburiñas, o Patrón Maior de Cambados asegura que a calidade é óptima e o prezo bastante bo. Para manter estes resultados, as Confrarías de Rianxo e Cambados non pescan os venres e así non acaban cos bivalvos.

    Redacción Salnés