Os Veciños denuncian unha nova vertedura no Río Currás

    curras_100.jpgVILANOVA> Os veciños do lugar dos Muíños, en Vilanova da Arousa volveron a sufrir outra vertedura no río Currás. Onte constataron como o río volvía…

    {flowplayer}images/salnes/170609_vertido_rio_curras.flv{/flowplayer} .

    .. a baixar tinguido de branco, cunha intensa escuma e mal cheiro que lles fai máis insoportable vivir ó carón deste entorno natural. As veciñas deste lugar aseguran que levan varios anos padecendo esta situación insalubre sen que ninguén faga nada por evitalo e aseguran que se o alcalde local vivise neste entorno esta situación estaría solucionada fai tempo.

    Estas verteduras van a dar directamente ó mar onde se atopan os bancos marisqueiros que, ata o de agora, segundo a patroa maior da localidade, non chegaron a verse afectados.

    O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán desmentiu rotundamente a posible responsabilidade do Concello por unha infracción administrativa por non ter separado a recollida das augas pluviais e fecais, tal e como se publicou hoxe nun medio de comunicación a nivel autonómico.

    Redacción Salnés