VILAGARCÍA > O Sigaltec BBC de Vilagarcía proclamouse campión júnior da Delegación Arousá de Baloncesto tras vencer onte na final ó Marín Peixe Galego por 15 puntos de diferencia. O outro equipo local, o Liceo Casino perdeu o terceiro posto contra o Celso Míguez de Pontevedra. Os encontros disputáronse esta fin de semana no pavillón de Fontecarmoa, en Vilagarcía.
O equipo vilagarciá Sigaltec BBC fíxose co título de Campión Zonal Júnior de Baloncesto. O torneo disputouse esta fin de semana en Fontecarmoa e na final os arousanos medíronse ó Marín Peixe Galego, rematando cun marcador de 75 a 60. Foi un encontro moi igualado na primeira parte, aínda que os de Andrés Aragunde mandaron en todo momento no marcador.
Foi no terceiro cuarto cando ampliaron a súa vantaxe superando a barreira dos dez puntos. Sen embargo os marinenses non se renderon e non llo puxeron fácil ós arousáns. O apoio do público e un acertadísimo Adrián Otero deixaron o encontro encarrilado. Non tivo tanta sorte o outro represéntate vilagarciá.
O Liceo Casino non acadou unha placa para a final autonómica ó caer derrotado no partido de terceiro e cuarto posto ante o Celso Míguez de Pontevedra. A diferencia foi de só tres puntos.
Redacción Salnés