Xoán Antonio Allegue López é o novo responsable do BNG no Salnés

    bng_salnes_100.jpgVILAGARCIA> O BNG do Salnés celebrou este sábado a súa asemblea comarcal para decidir a composición dos membros do seu Consello;…

    {flowplayer}images/salnes/300609_novo_bng_salnes.flv{/flowplayer}

    … unha xuntanza ca que se conclúe o proceso asembleario desta organización política. O resultado desta asemblea deu en poñer como número un da lista ó ribadumiense Xoán Antonio Allegue López, que substituirá no cargo a Duarte Correa. Porén Duarte Correa segue figurando no sexto posto da lista.

    Nesta listaxe tamén figuran outros nomes ben coñecidos das listas nacionalistas como a edil vilagarciá Rosa Abuín, o sanxenxino Roberto Fernandez Lores ou a cambadesa Monserrat Prado. A relación definitiva estará composta por 26 nomes: estes quince membros electos, 10 representantes de cada unha das localidades e un compoñente de Galiza Nova.

    Esta asemblea perseguirá agora novos obxectivos concretos. De cara os vindeiros comicios electorais municipais, o BNG intentará ampliar a súa presencia nos distintos consistorios do Salnés; así como intentar chegar a gobernar nos Concellos onde xa gobernan en coalición.

    Redacción Salnés