Noia acolle estes días o primeiro Congreso Nacional de Protocolo e Organización de Eventos Deportivos

NOIA> No evento participan destacados deportistas a nivel internacional, como é o caso de Javier Fernández, medallista nos recentes Xogos Olímpicos de Inverno, ou Javier Gómez Noya, cinco veces Campión do Mundo de Triatlón. Ó redor dun centenar de persoas participan estes días no Primeiro Congreso Nacional de Protocolo e Organización de Eventos Deportivos que se está a desenvolver na Casa da Cultura e no Coliseo Noela. No cartel de convidados destacadas figuras do deporte e da organización de eventos deportivos como é o caso do patinador Javier Fernández, que entre outros moitos méritos, vén de gañar a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018, ou o ciclista Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia. O alcalde, Santiago Freire, destacou a importancia que ten para Noia poder  albergar unha cita destas características. O Congreso chegará mañá xoves ó seu fin e para a clausura contarase coa participación de Javier Gómez Noya, premio Príncipe de Asturias do Deporte no ano 2016 e cinco veces campión do mundo de Triatlón.